7/15/2006

 

O PP de Bergondo defende a Mancomunidade

Negreira y los candidatos del PP en la comarca exigen crear la Mancomunidad

(Lugar: la voz | a coruña)

El parlamentario del PP y candidato a la alcaldía de A Coruña, Carlos Negreira, celebró ayer la primera reunión de trabajo con sus compañeros de partido que optarán a ser los regidores de los municipios de Arteixo, Cambre, Culleredo, Sada, Oleiros, Bergondo y Abegondo, además del actual portavoz municipal en María Pita, Eduardo Lamas, para trazar una estrategia conjunta de defensa de los intereses de los residentes en la comarca coruñesa.

«Se trata de ajustar la realidad social a la política y lo que queremos es que se recoja en el Estatuto gallego la creación de estas nuevas estructuras supramunicipales y que se las dote de competencias reales para afrontar una verdadera descentralización y facilitar más servicios a los ciudadanos», dijo Negreira.








Carlos Negreira
La Voz, 15 de julio de de 2006

7/10/2006

 

A reforma do Estatuto


65 propostas para a reforma do Estatuto de Galicia




7/03/2006

 

A Xunta paraliza 40 obras na comarca

O presidente provincial do PP acusa á Xunta de paralizar 40 obras nas Mariñas

O presidente provincial do PP de A Coruña, Juan Juncal, acusou ao Executivo galego de paralizar proxectos en municipios da comarca de Betanzos e de "deslealtade institucional" por non recibir aos alcaldes destes municipios e sí reunirse cos grupos da oposición. Alcaldes e voceiros do PP nos concellos de Miño, Curtis, Irixoa, Sada, Betanzos, Bergondo, Abegondo, Aranga, Cesuras y Coirós reunirónse, en Betanzos, co presidente provincial do PP da Coruña e a secretaria de Organización, María Faraldo. No encontro, físoxe un balance da xestión do Goberno central e autonómico.

En rolda de prensa, o presidente provincial dos populares asegurou que "hai incumprimentos da Administración galega cos alcaldes e proxectos fundamentais para a comarca que se están a anular ou a paralizar" e referiuse en concreto a actuacións relativas ao saneamento, traída del auga, medioambiente ou vivenda.

Ademais, sinalou que "prácticamente non hai licencia de obra nova" desde que o bipartito accedeu á Xunta e asegurou que tampouco se está a resolver os "problemas" dos concellos en cuestións que dependen da firma de convenios.

Pola súa banda, a secretaria de Organización do PP da Coruña, María Faraldo, manifestou que nesta comarca anularónse ou paralizarónse máis de 40 obras e engadiu que na súa maioría están relacionadas coa Consellería de Medio Rural.

Así, citou o caso de dous convenios asinados fai máis dun ano co concello de Abegondo, ademais afirmou que tamén hai proxectos paralizados en Miño, Coirós, Cesuras ou Irixoa. No que se refiere ao Goberno central, denunciou a paralización da execución dos accesos ao Centro de Minusválidos de Bergondo e a mellora da N-634 á altura de Vilasantar.

Mentras, o deputado autonómico e ex conselleiro de Agricultura, José Antonio Santiso, negou que durante o Goberno do PP se primase aos concellos gobernados por esta formación e asegurou que cando foi conselleiro adxudicarónse obras "tanto a concellos do PP como dotro color político". Como exemplos, citou aos de Betanzos, Paderne e Bergondo.

6/28/2006

 

O PP saca o alcade do seu letargo

O PP consigue que o alcalde tome medidas na canalización do río da Fosca

As repetidas denuncias ante o concello e as xestión, levadas a cabo polos concelleiros do Grupo Municipal Popular, obrigarón o alcalde a realizar as obras de canalización do río da Fosca, tal e como pedía o partido popular.


De todolos xeitos aínda está pendente o arranxo das varadas da ponte do río, tal é como exixiu o partido popular en reiteradas ocasións ante os resposbles do goberno local. Un problema, que non ten outra explicación que a falta de interese que ate o de ágora mostroú o alcade e o seu equipo por este lugar e os seus habitantes.




 

Xunta Xestora do Partido Popular de Bergondo



PRESIDENTE: Mª de la Concepción Babío Varela

VICEPRESIDENTE: José Eduardo Zapata Roel

SECRETARIO GENERAL: José Luis Dans Medín

VICESECRETARIO : Ramón Marcote Núñez

SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN:
José Carabel Cardelle
Silvia Vázquez Cardelle

COORDINADOR GENERAL:
María del Carmen Fraguas Conde
Evaristo Gallego Ferrero
Miguel Naveira Campelo

VOCALES:

José Cuenca Pérez
José Juan J. Garcia Bao
Alberto Lata Chas
Benigno Antonio Loureda Fariña
Cayetano Medín Illobre
José Varela Gómez
José Varela Paradela
Sonia Vázquez Cardelle

6/27/2006

 

Queixas dos veciños de Lubre

O PP denuncia o abandono por parte do Grupo de Goberno da parroquia de Lubre

O Grupo Popular sumáse e fai públicas as queixas recibidas polos veciños respecto á situación na que se atopa p río que discorre por Lubre. As choivas dos últimos días agravaron o lamentable estado das pontes que o cruzan.

Na zona da Fosca a crecida levouse parte da ponte e nestes intres só pode circular un coche, xa que o sitio é xusto para el eixe das rodas. Os populares bergondeses consideran urxente que se sinalice a Fosca como paso estreito e perigoso, e que se coloque unha farola que serva para facer máis seguro o paso por esa zona. Outro dos puntos conflictivos é Guinlle, onde a canalización realizada fai pouco polo actual goberno non serve para conter o caudal de auga e as casas colindantes sofren constantes inundacións.

O Partido Popular leva solicitando ao Goberno local que realice estas melloras dende o inicio da lexislatura. Tras máis de dous anos todo segue igual. Ademais a zona do Río Mayor, no centro do pobo, convertiuse nun vertedoiro incontrolado onde se acumulan caixas de cartón e incluso un forno eléctrico. Asimesmo, na estrada que vai da Campiña á igrexa hai un árbol a punto de caer sobre a vía dende fai máis de dúas semanas, suxeito soamente polos cabres do teléfono.

O abandono e a desidia do Goberno local é total nesta parroquia bergondesa, polo que dende o Grupo Popular instase a que se poña remedio a esta situación tan preocupante para os veciños da zona.

 

Risco para a seguridade dos peóns en Guísamo

O PP de Bergondo acusa ao alcalde de vender como propias as súas propostas para a N-VI

O Partido Popular de Bergondo quere mostrar a súa satisfacción e ao mesmo tempo a súa sorpresa polas declaracións realizadas polo alcalde de Bergondo, José Fernández Ramos, en relación coas propostas plantexadas aos responsables de Fomento para mellorar a seguridad vial na N-VI. Neste sentido, apuntan que é de xustiza que o rexidor municipal recoñeza públicamente que as iniciativas plantexadas aos responsables da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia foron plantexadas polo Partido Popular, tras reunirse en varias ocasións cos veciños e comerciantes da zona de Guísamo.

O Partido Popular de Bergondo lembra que solicitou ao alcalde no pleno do xoves pasado (26 de xaneiro) que realizase as xestións oportunas para mellorar a situación da nacional N-VI ao seu paso por Guísamo. Os populares pusieron de relevo que a eliminación dos arcéns en ambos sentidos de circulación supón un risco para os peatóns pois en varios puntos a acera non supera os trinta centímetros de anchura, e é necesario baixar á vía. Ademáis esta medida causa graves prexuizos aos negocios da zona pois se eliminaron moitos dos aparcamentos do municipio nos que se concentran negocios e servizos como farmacia, entidades bancarias, supermercado e negocios de todo tipo.

Entre as reivindicacións do alcalde, reflexadas na reunión, foi a recolocación do semáforo que quedou no medio da acera creando unha barreira arquitectónica insalvable para discapacitados e coches de bebés, proposta tamén presentada polo Grupo Popular.

Os populares lamentan que José Fernández esperase tanto para defender os intereses dos afectados pois durante o ano pasado celebráronse reunións con responsables de Fomento para analizar cómo ía a reordearse a sinalización horizontal e vertical da zona, sen que se levase a cabo ningunha solución. Desde o Partido Popular agradecen este cambio de actitude do Grupo de Goberno por comezar a ter en conta as propostas da oposición, algo que sen dúbida, beneficiará a todos os veciños de Bergondo.

6/26/2006

 

A Praia de Gandarío abandoada

O PP de Bergondo lamenta o estado de abandono no que o Goberno Local mantén a praia de Gandarío


O Partido Popular de Bergondo quere denunciar públicamente a situación de abandono no que o Goberno Local manten actualmente os arenais e o entorno da praia de Gandarío, un dos referentes turísticos do municipio que recibe numerosos visitantes durante todo o ano


O Grupo Popular considera que agora é o momento adecuado para proceder á limpeza da praia, ante a proximidade da Semana Santa, e tendo en conta a deplorable situación da zona. O PP, tras manter encontros cos hosteleiros e veciños, trasladou ao pasado pleno municipal a necesidade de levar a cabo esta actuación canto antes, xa que a mesma non supón un esforzo económico de gran releve, polo que non se entende a desidia e o abandono do alcalde con este enclave do municipio.


Como única resposta o Grupo de Goberno optou polo mutismo sen asumir ningún compromiso concreto e sen dar ningunha explicación. Por iso, o PP insiste na urxencia e na necesidade de limpar a praia e o seu entorno, iniciativa que redundará no beneficio de todos os veciños, hosteleiros e visitantes que percorren este entorno turístico.

 

O local veciñal de San Isidro

O PP de reclama unha actuación urxente para adecentar o local da asociación de veciños de San Isidro

O Partido Popular de Bergondo considera necesario denunciar públicamente un novo caso de abandono e falta de eficacia na xestión municipal por parte do Grupo de Goberno. Neste sentido, denuncia o lamentable estado no que se atopa o local da Asociación de veciños de San Isidro coas fiestras, as persianas, as portas e incluso o mobiliario interior rachado.

A situación agrávase aínda máis si se ten en conta que este local atópase no entorno do concello (ubícase na zona do Centro de Saúda e da Casa da Cultura), un dos puntos centrais de actividade no municipio, o que incrementa, se cabe, a gravidade polo abandono no que se atopa. O Grupo Popular lembra que xa en varios plenos se lle comunicou esta situación ao Goberno Local, pero a día de hoxe continúa sendo “desoída”, a pesar do prexuizo que supon para os usuarios do local, veciños e veciñas de Bergondo.

Por todo iso, o PP insiste na necesidade de acometer, na maior brevidade de tempo posible, as obras de mellora, xa que non supoñen unha gran inversión pero implicarían, que por unha vez os representantes do Goberno atendan as demandas dos cidadáns. Asimesmo, desde o PP apuntan que próximamente celebrarase a Feria de Artesanía nesa zona, de modo que os numerosos visitantes da mesma poderán comprobar o lamentable estado no que atopa o local senon se fai nada para evitalo.

6/18/2006

 

Fallos no alumeado público

O PP de Bergondo denuncia fallos no alumeado público de San Isidro

O PP de Bergondo denuncia o perigo que están xenerando as obras de mejora da estrada Sada-Bergondo no núcleo de San Isidro. Os veciños puseronse en en contacto co PP para informar da necesidade de buscar unha solución urxente ao fallo no alumeado público, xa que coas obras as farolas non se prenden.


A escuridade, unida a que na acera existente están as baldosas soltas está a dar máis dun susto aos transeúntes. Por iso, o Grupo Popular reclama que se adopte algunha medida provisional que mellore as condicións de luminosidade da zona ata que non se rematen as obras.

Asimesmo, o PP tambén quere poñer de manifesto que os problemas co alumeado non se limitan só a esta zona. A desidia do Grupo de Goberno con este servicio detectouse noutros núcleos do municipio, o que xenera un gran descontento entre os veciños. Según puido comprobar o PP hai outros puntos de luz que funcionan mal ou non funcionan como na estrada que baixa paralela ao muro do Convento de Bergondo e outra perpendicular que empeza nesta mesma estrada, nas que ademais, de reparar as luces que existen é preciso a instalación dalgunha farola máis. Por iso, reclaman aos responsables municipais unha maior atención ao servizo de alumeado porque é insuficiente e se está a prestar ineficazmente.

This page is powered by Blogger. Isn't yours?